Sunday 28 de April de 2024

Lousame colabora coa XIV Proba da XXI Liga Galega O Pe Monte Iroite cedéndolles o uso da estación DECCA e un compresor eléctrico


O Concello de Lousame colabora coa 14 Proba da XXI Liga Galega O Pe Monte Iroite, que terá lugar este sábado 22 de outubro organizada pola asociación deportiva e cultural Arnela. Unha colaboración que se traduce na cesión do uso da estación DECCA para a saída e a chegada do evento, así como dun compresor eléctrico para poder ter operativas estas instalacións durante a proba.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e o tenente de alcaldesa, Ramón Martínez, entregáronlle este mediodía as chaves da estación DECCA e o compresor a Manuel Antonio Piñeiro Pouso, presidente da asociación deportiva e cultural Arnela, a quen trasladaron os seus mellores desexos para o desenvolvemento da iniciativa. Esta proba de orientación a pé no Monte Iroite será a derradeira da temporada 2022 da Liga Galega de Orientación a Pé. Terá lugar na fermosa zona do Miradoiro da Balconada e a súa contorna, coa participación tanto de atletas federados como non federados.